miércoles, 26 de febrero de 2014

CREANDO UNHA BANDA DESEÑADA DIXITAL EN LINGUA GALEGA

Os alumnos de 1º CIT escollemos dous textos do escritor galego Sechu Sende e adaptámolos para construír un cómic en formato dixital.
Os relatos proceden de Made in Galiza (e do blog do mesmo nome), libro publicado en 2007 que amosa pequenas historias que teñen como tema central a lingua galega. A obra de Sechu foi escollida libro do ano en Galicia en 2007 e as historias contidas nel foron traducidas a varias linguas como o kurdo ou o éuskaro.





O primeiro paso do proxecto foi elaborar un pequeno guión gráfico da banda deseñada (Story board) e  adaptar e simplificar os contos ao novo formato que van recibir as historias. Os relatos escollidos foron: A agulla de marearO taxista de Calcutá.


A seguir, adaptamos o guión gráfico á banda deseñada usando a páxina web Stripgenerator, o que nos levou non poucas horas...
Finalmente utilizamos o programa Paint, moi fácil de manexar, para introducir o título e pór cores a algúns cadros. Só nos quedou corrixir algún pequeno erro e subilos á rede para que outros internautas poidan lelos.

                                            O taxista de Calcutá (adaptado por Heli)



Podedes leer o conto  orixinal na seguinte ligazón:  http://www.blogoteca.com/madeingaliza/index.php?cod=110250

                            

Se non sabedes o que é una agulla de marear, ou que significa a frase feita collerlle a alguén a agulla de marear, podedes atopar máis información na seguinte páxina: http://lendomadeingaliza.blogspot.com.es/2010/08/agulla-de-marear.html







No hay comentarios:

Publicar un comentario