sábado, 19 de abril de 2014

VI XORNADAS MARTIN SARMIENTO EN VILAFRANCA



Os alumnos do Bergidum Flavium participaron a comezos do mes de marzo nas VI Xornadas Martín Sarmiento: Educación, cultura e lingua.

As xornadas, organizadas na honra do intelectual ilustrado de orixe berciana, conmemoraron os doce anos do ensino da lingua galega nas escolas e institutos da comarca.



Os preto de 80 estudantes de galego do Bergidum Flavium presentaron nesta xornada de convivencia varios videos no Teatro de Villafranca contando a súa experiencia de aprendizaxe nesta lingua.



No primeiro dos videos, realizado polos alumnos de 2º bacharelato, interveñen varios alumnos de galego xunto con Máximo, pai de estudantes de galego do centro. Para a súa realización contaron tamén coa axuda de Alba, Viki e Henar, coñecidas pola súa intensa actividade blogueira na rede.


A seguir, a rapazada de 4º da ESO parodiou o filme Bailando con lobos, nunha adaptación berciana titulada De parola co can. (desculpade as limitacións na calidade do son deste primeiro proxecto audiovisual).

O encontro rematou cun roteiro por Villafranca nos que se coñeceron os espazos vitais nos que transcorreu a vida de Martín Sarmiento.












No hay comentarios:

Publicar un comentario